PROBAS COMPETENCIAS CLAVE 2019
Se non tes a ESO ou Bacharelato e queres realizar algún certificado de profesionalidade no que esixan como requisito de acceso a dita formación, pode realizar as probas de Competencias Clave N2 ou N3, en base o nivel que sexa o certificado.
Prazo de matricula nas probas: do 5/03/19 ata o 29/03/19
Proba: O 25 de maio de 2019 en Silleda.
Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext. 2037
ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADA NO CIFP de Santiago
O Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago oferta, para os vindeiros meses, 15 cursos de formación destinados a persoas desempregadas. Os cursos, de nivel 1, 2 e 3, son fundamentalmente das familias profesionais agraria, madeira e seguridad e medio ambiente, e teñen moitas prazas vacantes.
Esta información pode ser de interese para as persoas desempregadas de Santiago de Compostela e dos concellos próximos. O resumo da programación atópase neste documento e pódese ampliar información no buscador de formación do Portal de Emprego de Galicia ou no telefóno 881 867 650.
Poden descargar unha folla resumo en PDF pulsando Aquí
Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.981789003 Ext. 2037
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL 2019
A Consellería de Educación publicou a convocatoria das proba libres para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos.
O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019. A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Convocatoria: Aquí
Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext. 2037
CURSOS GRATUÍTOS CELGA DE PREPARACIÓN DAS PROBAS OFICIAIS
No DOG Núm 35 do 19 de febreiro de 2019 publícanse os Cursos de carácter voluntario e gratuíto preparatorios das probas para obter os certificados de lingua Galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As modalidades ofertadas son: Presencial e Teleformación:
- Os presenciais máis próximos: En A Coruña, Ferrol e Santiago o Celga 2, Celga 3 e Celga 4. En Lugo o Celga 2.
- Os ofertados na modalidade a distancia son: Celga 1, Celga 3 e Celga 4.
Convocatoria da Secretaría Xeral de Pol. Lingüística: Aquí
Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext.2037