Numeracion Curtis logos

Datas para pasar a ITV de ciclomotores e vehículos agrícolas

unidade cartel todosDatas nas que se achegará este mes de xaneiro e febreiro a oficina móbil da ITV ao noso municipio.

VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

CURTIS

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Día: 28 de xaneiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 29 de xaneiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas

TEIXEIRO

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo

Día: 12 de febreiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Días: 13 de febreiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

CICLOMOTORES

CURTIS

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Día: 7 de febreiro

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Poderase solicitar cita previa para a inspección as 24 horas, os 7 días da semana, a través de:

Telf.: 902 30 90 00 (de 9.00 h. a 18.00 horas)

Web: www.sycitv.com

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Curso gratuíto de manexo seguro de carretas elevadoras

carretillasA área de Promoción Económica do Concello de Curtis organiza un curso gratuíto de manexo seguro de carretas elevadoras para 20 alumnos/as:

Días: 25 e 26 de xaneiro.

Horario: 

  • Día 25: Teoría, de 18.00 horas A 21.00 horas, no Polígono Industrial de Teixeiro.
  • Día 26: Práctica, no Polígono Industrial de de Ledoño - Culleredo.

Imparte: E.C.T. Galicia (Grupo San Martín)

Inscrición:

  • Prazo de inscrición: do 7 ao 23 de xaneiro.
  • Documentación necesaria: Cubrir ficha de inscrición: pdf
  • Lugar: Casa do Concello (2º andar) ou Oficina Municipal de Curtis.
  • Máis información: Orientación laboral (Telf: 981789003 Ext.2037).

Inscrición para a campaña de Esquí da Deputación

Campaña de Esquí da Deputación.
 
manzanedaCampaña de inverno para rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), residentes en calquera municipio da provincia. Para o municipio de Curtis resérvanse tres prazas.
 
Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. 

INSCRICION: Ata o 10 de xaneiro

 

Formación en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web

aplicaciones webCurso en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)

O prazo de envío de solicitudes é ata o próximo venres día 30 de novembro.

Os requisitos das persoas candidatas:

  • Mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña empadroados en concellos de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade.
  • Non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
  • Inscritas na Oficina de Emprego correspondente.
  • Rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove.

En posesión de unha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

  • Calquera outro certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia (Informática e Comunicacións) e área profesional (Desenvolvemento).
  • Bacharelato.
  • Ciclo formativo de Grado Superior, técnico superior.
  • Cumprir requisitos académico de acceso ou ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grado superior.
  • Ciclo formativo de Grado Medio, técnico.
  • Técnico especialista (FP2).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Outros estiudos declaradaos equivalentes a efectos académicos con algún dos anterioree ou estudos superiores a estes.
  • Competencias clave de nivel 3.

Máis información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local

A área de Promoción Económica ofrece un curso de manipulación de alimentos

curso alimentosA área de Promoción Económica do Concello de Curtis organiza un curso de manipulación de alimentos, dirigido a:

  • Persoas que necesiten actualizar a súa formación como manipuladores/as.
  • Persoas interesadas en obter a formación necesaria para traballar manipulando alimentos.

Datos do curso:

  • Día: 11 de Decembro.
  • Horario: 16.00 a 19.00 horas.
  • Lugar: Recinto Feiral de Curtis
  • Empesa: HM Global Consultores.
  • Prezo: 15 €
  • Prazas: 30

Imprescindible inscrición previa. 

Máis información: telf. 981789003

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.