Numeracion Curtis logos

Os curtienses pagarán en 2017 polos servizos municipais o mesmo que en 2013 ao conxelarse un ano máis as taxas e impostos locais

  • O orzamento para 2017, que irá a pleno a próxima semana, aumenta un 2,6% e sitúase nos 4.134.456 euros.
  • Un dos ingresos que máis crecerá, un 92,5%, será por licenzas urbanísticas coas novas implantacións de empresas no Polígono de Teixeiro.

piscina municipalOs veciños de Curtis pagarán polos servizos que presta o Concello en 2017 o mesmo que no ano 2013 ao conxelar o Goberno local as taxas e impostos por cuarto ano consecutivo co fin de non gravar máis as economías familiares. A non subida impositiva levarase para a súa aprobación a pleno o vindeiro mércores, día 14, xunto co conxunto dos orzamentos para 2017, que este ano ascenderán a 4.134.456,38 euros, o que supón un aumento do 2,6% respecto de 2016.

A conxelación tributaria afectará tanto aos servizos que presta directamente o Concello como aos xestionados a través de concesionarias, como o tratamento de auga potable e o saneamento de augas residuais, nos que a Administración local asumirá a subida do IPC para que non repercuta nos veciños. Manteranse, ademais, as bonificacións do IBI ás explotacións gandeiras e familias numerosas, xa aplicadas este ano.

Respecto dos ingresos, o maior aumento previsto virá da man das licenzas urbanísticas coa implantación das novas empresas no Polígono Industrial de Teixeiro, co que a recadación, estimada moi á baixa, pasará de 12.500 euros en 2016 a 168.000 euros en 2017, é dicir, crecerá un 92,5%. Soben tamén, nun 13%, os ingresos por transferencia do Estado e do Fondo de Cooperación Local (de 1.630.727 a 1.874.270 €) e baixan un 18,8% as transferencias de capital (de 653.522 a 530.344 €)

Baixan os gastos en bens correntes

O Concello, que mantén as súas contas saneadas e sen endebedamento, blinda os servizos públicos e baixa, entre outros gastos, o de bens correntes, nun 6,4%, que xa diminuíra en 2016 e 2015, partida que se sitúa nos 1,7 millóns de euros. Neste capítulo, destaca a baixada en 10.514 euros do custo do servizo do punto limpo tras a nova adxudicación e o incremento das partidas para reparacións, saneamento, conservación, que crece un 55%, e o gasto en limpeza das instalacións municipais.

Artigos relacionados cos Orzamentos 2017:

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.