Numeracion Curtis logos

O mantemento dos servizos de desinfección e desratización supón un custe anual de 3.000 euros

 

O Concello de Curtis manterá este ano os servizos de desinfección, desinsectación e desratización no municipio que se veñen desenvolvendo desde o ano 2000 e que en 2013 ampliaron a súa frecuencia e o seu campo de actuación para dar cobertura a todo o territorio en función das demandas ou necesidades. O custes destes servizos elévase a máis de 3.000 euros anuais.

Cada trimestre, a empresa encargada do servicio, Control de Pragas Andrade S.L, executa o seu labor de tratamento e control nos núcleos urbanos de Curtis e Teixeiro, así como no dous CEIP e nos pavillóns deportivos de ambas localidades. A frecuencia dos traballos é trimestral aínda que nos colexios procédese, ademais, a unha desinsectación especial antes do comezo do curso escolar. A contrata tamén inclúe que a empresa actúe e se traslade a calquera punto do municipio onde sexa requirida.

Ademais, cada ano realízase un servizo de control e prevención da legionella nos dous colexios, os dous pavillóns municipais, nos campos de fútbol e nas fontes públicas, tal e como como marca a normativa vixente, e lévanse a cabo revisións semanais e mensuais que quedan reflectidas en completos informes que recollen as revisións realizadas, as datas e os resultados das análises, limpezas, desinfeccións e calquera operación de mantemento.

 

CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL

Requisitos: Nos certificados de Nivel II, 2000 horas  traballadas nos derradeiros 10 anos ou 200 horas de formación non formal e nos de Nivel I,  1200 horas traballadas ou 200 horas de formación. 

Certificados: 

Consellería de Economía, Emprego e Industria: Atención sociosanitaria no domicilio e en institucións sociais, Servizos para o control de pragas, Xestión de servizos para o control de pragas e control de organismos nocivos, Socorrismo en instalacións acuáticas, Extinción de incendios, Confección e mantemento de artes e aparellos. PRAZO: Ata o 10 febreiro 2016.

Ademais, Aproveitamentos forestais e Tanatopaxia teñen un PRAZO: Inicio do prazo en 3 meses a contar dende o 11/01/16. 

Consellería de Educación: Xestión administrativa, Xardinaría e floraría, Construción, Obras de interior e decoración, Instalacións eléctricas, Instalacións de telecomunicación, Mecanizado, Soldadura e caldeiraría. Cociña. Servizos de restauración, Xestión de aloxamentos turísticos, Estética, Peiteado, Panadería, Sistemas microinformáticos, Instalacións frigoríficas, Instalacións de produción de calor, Carpintaría, Instalación e amoblamento, Laboratorio, Emerxencias sanitarias, Farmacia, Educación Infantil, Carrozaría, Electromecánica de vehículos e de maquinaria. PRAZO: Ata o 5 febreiro 2016. 

Máis información: Orientación laboral. Telf. 981789003  

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.