Numeracion Curtis logos

O Concello renova o convenio para xestionar o Centro Etnográfico, que creceu un 32% en visitas en 2015

centrodipu 2016

  • As instalacións de Teixeiro, que promocionan o patrimonio natural e histórico da conca do Mandeo, seguirán abertas en 2016 o máximo de horas estipuladas.

O Concello de Curtis renovou o convenio de xestión do Centro Etnográfico do Río Mandeo de Teixeiro coa Deputación da Coruña por un importe de 21.600 euros.

O Centro, construído con fondos europeos, está dedicado á formación e interpretación dos valores do Mandeo. Desde a súa apertura en abril de 2014 pasaron polas súas dependencias preto de 6.200 persoas e o número de visitantes creceu o ano pasado un 32%. O maior incremento de público experimentouse nos meses de verán, nos que, con preto de 1.700 visitas rexistradas en xuño, xullo e agosto, duplicáronse os números de 2014, cifras que reforzan o obxectivo do Goberno local de que estas instalacións sexan clave para a atracción de turismo. Do total das visitas recibidas, o 90% son concertadas, labor da que se encarga o Concello curtiense co fin de divulgar o patrimonio natural e histórico do municipio e de toda a comarca a través dun percorrido pola conca do Mandeo.

O Centro Etnográfico seguirá en 2016 aberto o tempo máximo establecido pola Deputación, que fixa a súa apertura entre 15 e 30 horas semanais. Os seus horarios manteranse de martes a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os fins de semana, de 10.00 a 13.00 horas.

 

Curtis e Teixeiro prepáranse para recibir mañá á Cabalgata de Reis

reyesmagos 2015

Os núcleos urbanos de Curtis e Teixeiro prepáranse para recibir mañá pola tarde aos Reis de Oriente, que percorrerán as rúas das dúas localidades para finalizar celebrando cos máis pequenos dúas grandes festas infantís.

En Teixeiro, a cabalgata partirá da Casa Consistorial ás 16.45 horas. A comitiva encamiñarase por Rúa de Emigrantes até a antiga funeraria, e desde alí percorrerá a rúa Doutor Martínez Pardo até chegar ao Edificio de Usos Múltiples ás 17.15 horas, onde serán recibidos e celebrarase unha festa con todos os nenos que vaian saudalos.

En Curtis, os Reis sairán da Estación de Renfe, ás 17.30 horas, cara á Casa da Xuventude e á rúa Alcalde Espiñeira até chegar ao Edificio Multiusos ás 18.00 horas. A comitiva real tamén será obxecto dunha recepción e participará na celebración final.

No caso de que as condicións atmosféricas non permitan o percorrido das cabalgatas, os Reis irán directamente á recepción no Edificio de Usos Múltiples (Teixeiro) e no Edificio Multiusos (Curtis).

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.