FORMACIÓN DIRIXIDA A PERSOAS DESEMPREGADAS
Para revisar a formación gratuita aprobada para as persoas demandantes de emprego, ano 2021-2022: Entrar Aquí
Para revisar a formación gratuita aprobada para as persoas demandantes de emprego, ano 2021-2022: Entrar Aquí
A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a Xornada "COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS CÁRNICOS PROCEDENTES DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS", que se desenvolverá o vindeiro 5 de Novembro.
Contidos do curso:
Oportunidades para os produtos cárnicos amparados baixo a normativa de artesanía alimentaria.
Oportunidades para os produtos cárnicos derivadas das novas regulacións e flexibilizacións en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios.
A cadea alimentaria e requisitos dos distintos operadores.
Instalacións necesarias para produtores.
Imparte:
Luis Couto Lorenzo. Inspector Veterinario de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias:
Agricultores/as en activo.
Persoas responsables e traballadores de empresas agroalimentarias.
Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
Outras persoas interesadas.
Horario: De 10.00 a 14.00 horas.
Lugar de realización: CASA DA CULTURA VILA CONCEPCIÓN. Praza Vila Concepción, 1. 15679 Cambre (A Coruña)
Inscrición: As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:
As solicitudes enviaranse ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A Xunta de Galicia, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas acaba de convocar un programa pioneiro de formación e mentorizaxe destinado a favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas tituladas na nosa comunidade autónoma.
Así, través de Xuventude Mentoring recibirás:
Trátase dun programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e destinado a persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.
Consulta o folleto que te achegamos e, se cumpres os requisitos, non perdas a oportunidade! O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de setembro e só tes que cubrir un sinxelo formulario en liña dispoñible Aquí
E se tes algunha dúbida, contacta a través do correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.