CURSOS ONLINE EN ABERTO OFRECIDOS POLA CRUZ VERMELLA.
A Cruz Vermella, ofrece en aberto os seguintes cursos en liña para todos/as vos:
Coronavirus: coñecementos básicos e medidas de prevención
Neste curso saberás que son os coronavirus, cales son os síntomas do Covid-19, cómo se pode contaxiar unha persoa, se existe tratamento, medidas de protección, manexo do estrés... con probas prácticas para afianzar os teus coñecementos.
Se queres acceder ao curso sobre o coronavirus só tes que premer aquí: Aquí
Primeiros auxilios básicos
Nesta píldora formativa aprenderedes a conducta AVA, a conducta PAS, atragantamentos, caídas e golpes, cortes e feridas, hemorraxias, intoxicacións, queimaduras, reanimación cardiovascular, a caixa de primeiros auxilios... e máis cousas, con exercicios prácticos ao final de cada módulo.
Se queres acceder ao curso de primeiros auxilios só tes que premer aquí: Aquí
Estes cursos non dan dereito a diploma, pero poden ser interesantes para o público en xeral. Animádevos a facelos!!!
Moitísimas grazas a Cruz Vermella por ofrecelos!