CURSO GRATUITO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS ESO PARA ADULTOS
Educación establece unha nova a data de celebración e un novo prazo de matrícula para a primeira convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, así como as datas dos trámites administrativos necesarios para o seu desenvolvemento
O prazo de matrícula: para a primeira convocatoria será do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos. Formulario de inscrición: Aquí que deberá entregarse en:
- Presencialmente: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
- Por Correos: entregando a documentación en sobre aberto para que o funcionario de correos cuñe coa data de entrega os documentos.
- Sede electrónica da Xunta coa Chave 365.
Data de celebración: A primeira convocatoria da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos celebrarase o día 7 de setembro do 2020.
REANÚDASE O PRAZO PARA AS PROBAS CELGA DE 2020
A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días naturais do prazo non consumido finalizan o 16 de xuño.
As datas de realización das probas non están establecidas (a previsión é setembro ou outubro de 2020) de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19
As datas concretas serán debidamente publicitadas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).