Numeracion Curtis logos

Os gastos correntes e en servizos reduciranse nun 20% e o soldo do alcalde conxelarase en 2016

plenopresu 2015

  • Levarase a pleno a creación da Comisión de Coordinación Municipal, órgano onde se debaterá e acordará toda a acción de Goberno.

O Concello de Curtis prevé unha redución respecto deste ano de case un 20% na partida de gastos correntes e servizos nos orzamentos de 2016, partida que ascende a 1,9 millóns de euros, grazas a unha mellora na xestión. Este é o camiño que o Goberno local pretende continuar nos seguintes exercicios co fin de lograr que os servizos se poidan autofinanciar.
En canto á segunda partida de gastos máis alta do Concello, a de persoal, de 1,2 millóns, contempla o aumento do 1% na retribución, que é a fixada polo Ministerio de Facenda, pero o alcalde Javier Caínzos si conxelará a súa nómina, que non se actualizará segundo a porcentaxe correspondente.

O concello levará as contas municipais para o seu debate e aprobación a un pleno extraordinario o día 28, sesión na que, ademais, aprobarase a creación da Comisión de Coordinación Municipal, contemplada no ROM, que será o órgano onde os concelleiros responsables de área debatan e consensúen toda a acción de Goberno.

Comisión de Coordinación

As dietas por asistencia a esta comisión de carácter mensual será de 200 euros, que o rexedor tampouco cobrará. Javier Caínzos aclarou que “se contemplan estas dietas aos edís pola dirección das súas respectivas áreas e para afrontar os gastos que lles supón a súa xestión”. Lembrou que Curtis é dos poucos concellos da zona, incluídos aqueles con menor número de habitantes, que ten unha única dedicación exclusiva e ningunha parcial.

O alcalde argumentou, que “a pesar deste gasto, non aumentará a cantidade final que se abonará en órganos de Goberno respecto doutros anos tras rebaixar un 54% as dietas de asistencia a plenos, un 33% as das comisións de contas e mesas de contratación, e tras eliminar a comisión informativa, que xa supuña un custo de 31.000 euros”.

Artigos relacionados:

 

42 nenos participan nos campamentos urbanos de Nadal organizados polo CIM municipal para favorecer a conciliación

campamentos1 2015Campamentos2 2015

Actividades lúdico educativas para fomentar a  igualdade, talleres de reciclaxe, xogos cooperativos  e visitas organizadas, entre as actividades  programadas.

 

Un total de 42 nenos de 3 a 12 anos de idade están a participar desde o pasado día 21 nos campamentos urbanos de Nadal de Curtis e Teixeiro organizados polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) para favorecer durante estas datas a conciliación da vida laboral e familiar das nais e nais do municipio.

A iniciativa, que pretende, entre outros obxectivos, desenvolver actividades lúdico coeducativas encamiñadas a que nenos e nenas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres, inclúe unha extensa programación con xogos cooperativos, visitas para que coñezan mellor servizos municipais como a que realizaron esta semana ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) ou á Feira de Curtis, por onde pasaron pola caseta de promoción do leite co selo ‘100% Galega’, talleres de manualidades e obradoiros de reutilización de residuos, que se enmarcan na campaña de reciclaxe do Concello e Celta Prix, empresa concesionaria municipal.

Os 18 nenos e 24 nenas inscritos participarán nos campamentos que se desenvolven no Centro de Lecer Infantil de Curtis e o Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro até o día 5 de xaneiro.

As actividades contan co apoio do Programa Socioeducativo non Eido Rural subvencionado pola Obra Social A Caixa.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.