Numeracion Curtis logos

Curtis consolida a senda á alza en investimentos iniciada este ano cun incremento do 11,4% para 2017

  • O Concello prevé melloras na seguridade viaria, nas instalacións deportivas e na rede de sumidoiros e servizo de augas.

padel 2016O Concello de Curtis incrementará un 11,41% o investimento previsto para 2017, partida estimada nos orzamentos en 935.063 euros, o que supón unha subida do 11,4% respecto deste ano e dun 54% respecto de 2015, o que consolida a senda á alza iniciada en 2016. Os investimentos representarán o 22,5% do total das contas municipais, de 4.134.456 euros, que levarán a pleno para a súa aprobación o vindeiro mércores, día 14.

Entre os investimentos previstos, que inclúen transferencias de capital e fondos propios, destacan o medio millón de euros que irán destinados a seguridade viaria, pavimentación, obras de reposición de viarias municipais e acondicionamento de espazos públicos así como os 270.000 euros para mellorar as instalacións deportivas coa colocación de bancadas nos campos de fútbol de Curtis e Teixeiro e para cubrir as tres pistas de pádel. Ademais, investirase en plans de iluminación pública e na rede de rede de sumidoiros e o servizo de augas.

 

Outras novas sobre os Orzamentos 2017:

Orde do día do Pleno: pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.