Numeracion Curtis logos

20 mozos participarán nun campo de traballo en Curtis sobre igualdade e medio rural

 

  • O obxectivo da iniciativa é empoderar á mocidade no proceso de cambio social e na procura real da igualdade.

O Concello de Curtis e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntarido organizarán do 20 ao 31 de xullo un Campo de Traballo destinado á participación de mozos de 18 a 30 anos e que estará centrado na temática 'Igualdade e medio rural'.

En total habilitáronse 20 prazas, a metade para xóvenes de Galicia e o resto para outras comunidades autónomas. O obxectivo desta actividade é fomentar a sensibilización social con respecto ás políticas de igualdade e contra a violencia de xénero, conseguir unha maior implicación dos veciños nesta área e realizar un traballo de campo nas parroquias e aldeas sobre a igualdade no rural, os estereotipos, os factores de risco, etc. Ademais, a iniciativa busca favorecer a convivencia, a tolerancia e a solidariedade dos mozos e a súa contorna.

A cota para os mozos é de 110 euros, aínda que hai descontos do 25% para os que dispoñan do Carné Xove. O importe cobre os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das actividades, así como un seguro médico, aínda que non o desprazamento.

O prazo para anotarse é de tres días antes de que comece a actividade, é dicir, o último día será o 17 de xullo.

Os interesados deberán chamar ao 981 545 696, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas, de luns a venres, para comprobar a dispoñibilidade e realizar a reserva.

Para máis información, pódense consultar: Accións de verán. Xuventude

Campo de traballo: pdfIgualdade_e_Medior_Rural_Concello_de_Curtis.pdf

 

Listado de puntuacións acadadas no primeiro exercicio do proceso selectivo dun peón do GES

servizos 2016 copy

LISTADO DE PUNTUACIÓNS ACADADAS NO PRIMERO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUN PEÓN DO GES:


Publícase o listado de puntuacións acadadas no primeiro exercicio do proceso selectivo dun peón do GES.

Os interesados teñen un prazo de 4 días hábiles, contados a partir do día 7 de maio, para facer as reclamacións que estimen oportunas, segundo acordo adoptado polos membros do Tribunal Cualificador na reunión mantida por estes o día 06/05/2016.

Listado: LISTADO_DE_PUNTUACIONS_DO_1º_EXERCICIO_DO_PROCESO_SELECTIVO_DUN_PEON_DO_GES_.pdf

 Teixeiro, 6 de maio 2016

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.